Aulas de 5º do CEIP "Pena de Francia"
Curso 2010 - 11
Este blogue está pensado para axudar aosalumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.
Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.
A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.
Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.
A lectura desta unidade é unha adaptación da obra“Los fantasmas de Bort” incluído en “Cuentos para jugar” de Gianni Rodari. Esta obra recolle vinte contos no que os desenlaces quedan abertos a tres finais distintos.
Se queres coñecer os outros contos que o compoñen, telos todos a continuación.
O pasado xoves dia 24, os alumnos e as alumnas de 5º curso, fixemos unha visita á Vila Romana de Toralla en Vigo.
Antes de comezar a visita, estivemos repoñendo forzas e relaxándonos un pouco despois da viaxe desde o cole, na praia de O Vao.
Despois desto, en compañía dunha amable monitora, fixemos un percorrido polas diferentes zonas da vila
Este xacemento arqueolóxico localízase na punta de Toralla, pequeno cabo costeiro situado fronte á illa homónima entre as praias de O Vao e Canido.
O xacemento consiste nunha vila romana, esto é, unha casa de campo con funcións residenciais e produtivas (explotación dos recursos primarios do campo e o mar). A cronoloxía preliminar é de época baixoimperial e tardorromana, ss. III-VI d.C. Foi un percorrido que nos permitiu coñecer a Galicia romana de finais do Imperio Romano a través de obxectos da época e interpretando e experimentando as tarefas cotiás realizadas en cada espazo desta magnifica vila romana. Se estades interesados no tema,neste enderezohai moita información. Aquí tedes algunhas fotos desta visita.
O terremoto ou tsunami de Xapón deste ano 2011, foi un terremoto de magnitude 8,9 na escala de Richter, que creó ondas de maremoto ou tsunamis de ata 10 m e que causou centos de mortos e desaparecidos.
O terremoto durou aproximadamente 2 minutos segundo os expertos. Dous días antes, xa houbera outro tremor importante, pero de menor magnitude na mesma zona da costa oriental xaponesa.
A magnitude de 8,9, o converteu no terremoto máis potente sufrido en Xapón ata a data, así como o quinto máis potente do mundo de todos os terremotos medidos ata agora.
Aquí tedes unha simulación do tsunami de Xapón.
Horas despois do terremoto e o seu posterior tsunami, o volcán Karangetang nas Illas Celebes (Indonesia) entrou en erupción. a consecuencia do terremoto inicial
O Karangetang comenzou a expulsar polo seu cráter nubes de gas e a lava, que descendeu polas súas ladeiras.
Se premes no enderezo que hai máis abaixo, verás unhas fotos aéreas tomadas no Xapón onde podermos apreciar a magnitude da devastación de centos de suburbios, casas e negocios.
Pasa o rato sobre as fotos e poderás ver a devastación causada polo terremot e o tsunami. Terremoto en Xapón: antes e despois.
O alumnado de 5º cursovisitamos esta mañá o Museo de Pontevedra. En primeiro lugar, estivemos na Alameda xogando un pouco e “repoñendo forzas”. Logo, fomos dando un paseo pola cidade ata o museo.
Foi un paseo moi relaxante xa que a maior parte é peatonal e tivemos un día magnífico.
Unha vez alí, dividironnos en dous grupos para facer un percorrido polas diferentes salas do Museo: Paleolítico, Neolítico, Idade de Bronce, Cultura Castrexa e Romanización. Poidemos observar:fíbulas,torques, petróglifos, dolmens,...
Tamén visitamos a aula Castelao e a sala de oficiais do galeote “Numancia” do Contralmirante Méndez Núñez.
De paso que iamos pasando polas diferentes salas, fomos cubrindo unhas fichas que nos entregaran antes de comezar o percorrido.
O próximo xoves dia 10 de marzo, faremos unha visita ao Museo de Pontevedra. Para que teñades unha idea do que imos a ver e facer alí, o Gabinete Didáctico deste museo, ofrece diferentes propostas de actividades para as visitas guiadas de estudantes como a nosa.
Materiais didácticos
Unha vez alí, entregarannos uns materiais didácticos no que se pretende que realicedes unha visita activa, na que a observación das obras e obxectos expostos teña un papel relevante.
Este material de traballo é un conxunto de follas, guías ou caderno didáctico cos que se proporciona unha breve información ao tempo que se propoñen actividades de observación relacionadas con ela.
Este material está creado para utilizar nas propias salas, e que vos entregarán de forma gratuíta polo equipo didáctico que os atenderá durante a visita. A duración será sobre 90 minutos.
A lectura desta unidade é unha adaptación da obra “Contos e poemas para un mes cualquera” de Jordi Sierra i Fabra e con ilustracións de Raquel Aparacio. Esta obra é o resultado da feliz unión entre narrativa e poesía; 31 contos e outros tantos poemas inchados de fantasía, que permiten viaxar polo máis insólito dos universos: o da palabra e os sentimentos.
Ao rematar esta unidade deberías de saber:
Ler un conto con expresividade e de forma comprensiva.
Identificar o nó dun conto e o diálogo como forma de expresión típica desta parte dos contos.
Dominar e utilizar o vocabulario referido ao campo.
Diferenciar entre palabras primitivas e derivadas.
Recoñecer os adxectivos e as formas que presentan segundo o grao no que estean.
Aplicar correctamente algunhas normas de uso do b.
RECURSOS
Algunhas actividades que che poden axudar a preparar esta unidade e que podes atopar nesta ligazón.