Aulas de 5º do CEIP "Pena de Francia"
Curso 2010 - 11
Este blogue está pensado para axudar aosalumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.
Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.
A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.
Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.
As lecturas desta unidade son dúas adaptacións das obras “A miña terra” incluído en “Onde o mundo se chama Celanova” de Celso Emilio Ferreiro e “A Terra Chá” de Manuel María.
Ao rematar esta unidade deberías de:
Ler poemas coa entoación e as pausas adecuadas.
Comprender o sentido global dun poema e responder cuestións de contido relacionadas co seu comentario.
Localizar nun poema a figura literaria da repetición.
Identificar a anáfora como un tipo especial de repetición.
Asimilar e aplicar o vocabulario aprendido: léxico relacionado coa paisaxe da costa.
Recoñecer unha serie de palabras como integrantes da mesma familia léxica.
Nunha forma verbal, distinguir os morfemas que indican a persoa gramatical, o úmero e o tempo.
Clasificar os verbos segundo a conxugación.
Utilizar correctamente o h.
RECURSOS
Algunhas actividades que che poden axudar a preparar esta unidade e que podes atopar nesta ligazón.
“La primavera ha venido, nadie sabe cómo ha sido"(A. Machado)
"Podrán cortar todas las flores, pero no podrán detener la primavera"(P. Neruda)
A primavera no CEIP "Pena de Francia"
Por fin remataron os días grises, fríos e chuviosos. Xa temos aquí a primavera que, como di Antonio Machado ninguén sabe como chegou e segundo Pablo Neruda ninguén pode deter.
E como tamén inflúe no estado de ánimo das persoas, os nenos e as nenas do 2º Ciclo lles veu a súa vea poética e nos quixeron agasallar cunha poesía para celebralo e tamén coa decoración do corredoiro da nosa planta.
Levoulles tempo, pero mereceu a pena !!
Aqui no noso cole
a primavera chegou.
e os nosos corredoiros
enchéronse de moita cor.
Temos xirasois,
bolboretas e formigas,
e miñocas, e máis abellas,
e tamén moitas xoaniñas.
Se ti queres vir
aquí te esperamos
con moita alegría
e con moito ánimo.
A primavera chegou
aos nosos corredoiros
se con nós ti queres vir,
podémola compartir!
E para acompañar esta fermosa poesía, que mellor que un boa música. Aquí tedes "A Primavera" de Antonio Vivaldi, unha das figuras máis importantes da historia da música, para poder disfrutar aínda máis desta estación.
Desde o pasado venres día 15 de abril, xa non estará connosco a profesora Ana Belén Alonso González, que estivo substituíndo a Dna. Margarita por mor dunha baixa temporal.
Querémoslle dar as grazas pola súa labor, o seu saber estar e o seu trato con todos nós, así como a súa xenerosidade no desempeño das súas funcións e que saiba que, sempre terá neste centro un grato recordo.
Esperamos que no colexio para onde vai teña un acollida tan boa como aquí.
O pasado xoves día 7 de Abril, os alumnos e alumnas de 3º Ciclo de E. Primaria, fomos ao Centro Cultural de NovaCaixaGalicia para ver a películados irmáns Marx: "Unha noite na ópera". Unha divertidísima película que nos fixo pasar unha mañá moi divertida.
Os irmáns Marx deixaronnos algúns dos mellores momentos do cine de todos os tempos, películas irrepetibles que resisten ao tiempo e ao olvido. Unha noite na ópera é sen dúbida unha das súas maiores xoias, a comedia feita arte.
Lembrades…
“A parte contratante da primeira parte será considerada como a parte contratante da primera parte”….
….”e dous ovos duros”.
Pero non só foi cine. Despois de repoñer forzas na praza de Compostela, demos un paseo ata o porto, e poidemos ollar o fantástico trasatlántico “Independence of the seas”, un dos cruceiros máis grandes do mundo.
A lectura desta unidade é unha adaptación da obra“Un pouco de historia” incluído en “Historia de Galicia” de Pepe Carreiro, da Editorial A Nosa Terra...
Ao rematar esta unidade deberías de:
Ler con fluidez e corrección un texto expositivo.
Recoñecer e utilizar os recursos estudados na descrición de lugares.
Asimilar e aplicar o vocabulario aprendido: léxico relacionado coa montaña.
Comprender a estrutura das palabras compostas.
Identificar os pronomes átonos.
Colocar adecuadamente o pronome átono na oración segundo as normas estudadas.
Utilizar correctamente o x.
Diferenciar palabras que comezan por ex- e palabras que comezan por es.
RECURSOS Algunhas actividades que che poden axudar a preparar esta unidade e que podes atopar nesta ligazón
Como remate das saídas deste trimestre, o próximo xoves dia 7, visitaremos o Centro Cultural de Novacaixagalicia de Vigo, para asistir a proxección da película “Unha noite na ópera” dos famosos Irmáns Marx.
Esta película é, para moita xente, a mellor comedia e unha das mellores películas da historia do cine, tamén chamado o 7º arte.
"Unha noite na ópera" é un gran clásico. Pero, que é un clásico e que películas o son? Un clásico é aquela película que, por moito que pasen os anos, nunca pasa de moda, é dicir, nunca envellece. Cantas películas resistiron o paso dos anos? Non foi así con esta película dos Marx que conserva a súa frescura e toda a súa orixinalidade. É sorprendente que en 76 anos non envellecera nada e que as súas escenas non perderan a súa graza.
A película é unha comedia cómica, unha historia de amor e un musical. Os irmáns Marx dan renda solta a seu humor. Nesta ocasión búrlanse da vaidade, os formalismos burocráticos, a torpeza de miras e da pretensión de conseguir relacións, amizades e prestixio con cartos. Critica a soberbia e exalta a sinxeleza dos nenos e os humildes.
Son escenas memorables o encontro no restaurante, a cea e o canto na cuberta do barco, o contrato entre Groucho e Chico, a algarabía no teatro de Nova Iorque, a aglomeración de persoas no camarote e outras. Inclúe expresións que se fixeron famosas: "Como penso lentamente, necesito todo o día ", "Se me despide, retiro miña proposición de matrimonio ", "Todo en ela me recorda a vostede, excepto vostede ".
En resumo, ten todo o que se lle pode pedir a unha película: humor, intelixencia, crítica, dozura, arte (Il Trovattore é unha opera preciosa, pero Harpo non se queda curto tocando a arpa para os nenos), ironía, viaxes e tolemia.
En fin, preparádevos para rir moito e disfrutar desta obra de arte do cine. Aquí tedes un trailer desta película, aínda que está en inglés.