![]() |
Felices vacacións !!! |
Convén sempre dedicar un pouco de tempo, mellor pola mañá ou despois de comer, para escribir algo de forma creativa; por exemplo un diario, contos, historias ou pequenos relatos, unha poesía… E tamén podedes repasar os contidos traballados cos libros de vacacións das editoriais que traballamos este curso ( Anaya e S.M.) ou ben realizando os exercicios que hai ao final das unidades no libro deste ano que se dedican precisamente ao repaso do aprendido. Tamén, para os que teñades Internet na casa, ao final deste texto, teredes uns recursos de todas as unidades que demos este ano tanto en galego como en matemáticas parecidas ás que fomos poñendo no blogue durante o curso. Programade ben o tempo, é moi importante. Na anterior entrada do blogue hai moi bos consellos.
O verán é longo e hai tempo para moitas cousas: divertirse, disfrutar da familia, para ir a un campamento, as túas actividades de ocio preferidas como pintar, xogar, escoitar música ou practicar algún deporte. Pero tamén é importante dedicar parte deste tempo a conservar e intensificar o hábito lector: todos os dias disfruta dun tempo de lectura tranquila, lendo aqueles libros que máis che gusten. Nas ligazóns que hai máis abaixo, do Servicio Orientación de Lectura (SOL), e no da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) podedes escoller os mellores libros segundo os vosos gustos e intereses.
Finalmente xa sabedes que me xubilo este curso, polo tanto non formarei parte do profesorado do colexio despois de 19 anos nel, e difíciles de esquecer. Tamén espero que cos mestres/as que estarán convosco o curso que vén, que seguro estaredes fenomenal e serán estupendos/as, traballaredes moi ben e o voso comportamento aínda será mellor.
Quero agradecervos a todos e todas as mostras de afecto, a colaboración, a participación e apoio non só o voso, senón o de as vosas nais e pais durante este curso que agora remata, que fixeron que fose moi agradable
Un forte abrazo para todos e todas
Feliz verán e… ata sempre !!
O voso profe
Manolo.
Recursos de lectura en galego e castelán.Actividades de matemáticas e de lingua galega.