Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

O burro fariñeiro, ese compañeiro

O burro, na contra do que se pensa, é un animal intelixente e moi forte. Foi domesticado hai 4.000 anos e durante séculos foi utilizado nas tarefas agrícolas como medio de carga e transporte. Xacobo Pérez, presidente da asociación de burros fariñeiros (ABUFA), adicada a defensa desta especie autóctona de Galicia, afirma que “ antes en Galicia, os burros eran un membro máis da familia”. Os burros fariñeiros galegos, según apunta Xacobo, eran moi utilizados na nosa xeografía para transportar o gran o muiño e unha vez machacado levar a fariña de volta o fogar. De aí vén o seu apelativo de fariñeiros.
Segundo varios estudos que recollen as principais características que fan do burro fariñeiro unha raza especial, topamos cun animal de temperamento noble, dócil, activo e curioso, aínda que esta sexa unha característica moi difícil de definir. A alzada á grupa (a altura da parte traseira) é máis alta que a alzada á cruz (a altura da cruz, a parte de arriba do pescozo, onde se cruzan as marcas escuras na parte posterior do burro e que vemos con claridade no corpo de Teresón, na primeira foto) o que o fai subcóncavo. Ambas alzadas andan entre 1 metro e 1.20m, sendo esta unha altura bastante baixa en comapración co resto de razas. Do mesmo xeito, o peso, arredor dos 150 quilogramos tamén é un peso relativamente baixo.
Teñen a cabeza grande (máis grande que a dos cabalos), pero non tan grande como o burro catalán. As orellas son outro dos puntos máis particulares do noso asno, sendo bastantes grandes en comparación cunha cabeza máis ben pequena, e peludas pola cara interna. O tronco soe adquirir diferentes tonos grises e as crines son xeralmente pouco poboadas e soen estar erguidas.
As órbitas tiran a cadradas, máis que a rasgadas.
Os membros son delgados con cascos pequenos altos e comprimidos lateralmente. O peito é estreito, a espalda moi afilada e o ventre grande.
A cola é larga e delgada. Normalmente ten un mechón de pelo no extremo da cola.
A pelaxe adoita ser de cor mezclada entre negra e branca o que se chama capa torda.  Adoita ter branco o fuciño, o contorno dos ollos, por baixo do pescozo e a parte de abaixo do ventre. Tamén nas axilas e bragadas.
O pelo no corpo é curto e suave. Ten máis pelo na cabeza, pero sin chegar a dar a impresión de peludo como o burro zamorano-leonés.

Vemos na imaxe a Federica, esta burriña que agora reside en Muxía e que cumpre tódolos requisitos para ser un Burro Galego.
Personalidades
Un dos detalles que fan deste burro, non só do fariñeiro, un animal encantador, é a personalidade que teñen. Son tan parecidos a nós que mesmo coidándoos vas atopando semellanzas con aquel amigo, ou aquel parente, e xa non se sabe quen era máis cabezón, se o burro ou o amigo.


O seu temperamento é noble, dócil, activo e curioso, afable e dilixente co home, sendo axeitado para labores agrícolas lixeiras, tanto de carga como de arrastre. Mostra excelentes cualidades como compañeiro nas rutas turísticas e para equitación terapéutica, infantil e de lecer.

Así, haberá que apoiar esta tentativa para a recuperación dunha, digamos, denominación de orixe para o nos burriño. En Galicia existe unha Asociación de Burros Fariñeiros (ABUFA), pero que non se encarrexa da cría. A necesidade de crear un sitio para a cría de burro fariñeiro é imperiosa, xa que a quedan poucos que poidan ser considerados de pura raza, xa que moitos deles serviron para facer mulas, e outros moitos foron cruzados con asnos zamoranos que chegaban de Castilla, como é o caso de Teresón, e que son animais máis fortes e robustos, mellores se cadra para o traballo do campo.


                      
Páxinas Web consultadas:
Aquí tedes unha auténtica enciclopedia sobre o tema:

Grupo de traballo: SEL
Sofía: encargouse de buscar as fotos     
Erena: o escribiu   
Laura:  o ditou