Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

O lobo en Galicia


Lobo das serras galegas

O lobo é abondoso nas serras de Galicia, sendo considerado a besta máis temible do país (trala extinción do oso pardoUrsus arctos); malia o medo que vulgarmente infunde xamáis víuselle atacar ao home, senón ao verse moi acosado e famento. O lobo galego soporta moi ben as fatigas e pode permanecer varios días sen tomar alimento; aproveita a noite pra adicarse á caza, retirándose antes do amencer pra gañares as dificultades do lugar onde ten a súa lobeira; ataca toda clase de gando, empregando a sagacidade necesaria pra non errar o golpe, e con moita cautela lánzase sobre a presa, arrástraa cara sí e fuxe con ela sen soltala, aínda que o persigan os cans, ou os pastores.
O lobo leva convivindo con habitantes dos montes moitos séculos. E non é unha convivencia boa e sinxela, se nun principio os humanos e o lobo tiñan que competir polos mesmos recursos alimentarios.
De todas formas, un estudo revela que o lobo ibérico prefiere os animais salvaxes ás ovellas.
A investigadora da Universidade Autónoma de Madrid Isabel Barja, analizou as preferencias dos lobos de Galicia para demostrar que, en realidade, as súas presas favoritas son os corzos, cervos e porcos bravos, antes que os rumiantes domésticos (ovellas, cabras, vacas e cabalos).
Aquí tedes o video onde o comenta a autora.



Traballo feito por Alejandra Martínez e Oinaze Rodríguez