O romeu é un arbusto que habita na rexión mediterránea da Europa meridional, Norte de África, e tamén, na Asia menor. En España, áchase na maior parte de Cataluña , ata os Pirineos en Aragón e Navarra, Castela a mancha, Murcia, Estremadura , e nas zonas montañosas da Comunidade Valenciana, Andalucía e nas Illa Baleares. En estado silvestre é pouco común na Galiza e na Península Ibérica .
As follas
As follas do romeu son pequeñas e moi abondosas, presentan forma liñal. Son opostas, sensibles, enteiras e cuns bordeis cara abaixo e cunha cor verde escura, mentres que polo seu reverso teñen unha cor abrancazada e están cubertas de pelo na zona de unión da folla co talo nacen os ramilletes floríferos.
As flores son duns 5 mm de longo. A súa corola é bilabiada e posúe unha soa peza. A súa cor e azul, violeta pálido, rosa ou branco, co caliz verde ou algo vermello, tamén bilabiado e con forma de campá. As súas flores axilares, enriba das pólas, estas posúen dous estames encorvados están soldados a corola e teñen un pequeno dente.
O froito
O seu froito, pechado no fondo do cáliz, está formado por catro pequenas noces transovadas, en tetraquenio, dunha cor parda
Aplicacións terapéuticas e farmacolóxicas
Do romeu empréganse sobre todo as súas follas, e en ocasións, as flores. O romeu é unha planta rica en principios activos.
Co aceite esencial que se extrae directamente das súas follas, prepárase alcol de romeu, o cal se emprega para previr as úlceras. Tamén se emprega para tratar dores reumáticas e lumbalxias. Emprégase en friccións como estimulante do coiro capilar (alopecia).
A infusión das follas de romeu calma a tose e é boa para o fígado e para atallar os espasmos intestinais. Debe tomarse antes ou despois das comidas. O fume do romeu serve como tratamento para a asma. O alcanfor de romeu ten efecto hipertensor (sobe a tensión) e tonifica a circulación sanguínea.
Polas súas propiedades antisépticas, pódese aplicar por decocción sobre chagas e feridas como cicatrizante.
![]() |
Romeu que ten a tía de Laura Fonte de información: http://gl.wikipedia.org Este traballo foi elaborado polo equipo "As Plumillas" Erena Cerqueira - Sofía Domínguez - Laura Rodríguez |