Baixo o nome común de pomba coñécense múltiples especies de aves, todas elas agrupadas na subfamilia Columbidae en total unhas 308 especies parentes do extinto dodo ou paxaro bobo.
A especie máis coñecida é a pomba brava (Columba livia) que deu orixe ás diferentes razas de pombas domésticas.
A característica máis sorprendente deste animal é a súa capacidade para volver ó seu niño desde os lugares máis remotos. Por iso, o ser humano empregouna para enviar mensaxes.
A estas pombas chámaselles pombas mensaxeiras e constituían un eficaz medio de comunicación antes de que se inventara o teléfono ou o telégrafo.
Os colúmbidos teñen un corpo e un pescozo robusto, un pico delgado e curto, teñen un gran sentido da orientación e, é unha das aves que máis rápido voa, alcanzando os 56km/h e un agudísimo sentido da vista.
Os niños son débiles e feitos con ramas e os ovos normalmente dous , incúbanos o macho e a femia .Os pichóns tardan 17 días en nacer.
Aliméntanse de sementes e froitos e dunha secreción que se chama leite do buche que producen os dous e ca que alimentan o pichón.
Os excrementos das pombas poden representar un risco para a saúde, coñécense tres enfermedades humanas asociadas aos excrementos das pombas: histoplasmosis, criptococosis e psitacosis. Tamén contribúen ao deteriodo do patrimonio artístico e arquitectónico.
As persoas que crian pombas chámanse colombófilos
Actualmente, a representación dunha pomba branca cunha póla de oliveira no bico é un símbolo de paz.
As nosas pombas
Para máis información: http://gl.wikipedia.org/wiki/Pomba
Información e redacción: Equipo RAJ
Rodrigo Álvarez Lago
Andrea Mouriño Martínez
Judit Lago Rivas