O cabalo é un mamífero perisodácto, équido, de crin longo e colgante, cola curta e poboada de pelos longos; foi domesticado desde os tempos prehistóricos e é de gran utilidade para o home.
Os cabalos viven salvaxes na Asia Central e nalgunhas partes do mundo.
Os cabalos xóvenes chámanse poldros e ponis.
Para coñecer a idade dun cabalo só temos que contar os seus dentes. A cabeza pesa un pouco máis de 5 kg e o seu corazón pesa uns 4,5 kg. É capaz de beber 37 l de auga ao día. Usa as súas expresións faciais para comunicarse. Gastan máis enerxía tendidos que parados. O pezuño é como unha unlla; crece continuamente polo que se necesita de vez en cando limalo. A marca que teñen na fronte se lle chama estrela. É capaz de camiñar, trotar, medio galopar e galopar. Posiblemente case todos duran ata os 20 ou 25 anos. Os poldriños nacen á noite e, ao naceren, só necesitan 1 ou 2 horas para pararse sobre a súas patas e camiñar. Teñen 2 puntos cegos: un localízase directamente en fronte deles mentres o outro directamente detrás. Hai máis de 350 razas de cabalos. Teñen 250 osos , e a súa columna vertebral fórmanna 51 vertebras .
Para saber máis cousas relacionadas con este fermoso animal visita esta esta páxina.
Traballo feito polo equipo SAPAY:
Sara Alonso – Paula Barbosa – Yaël Barcala