![]() |
Cine submarino. Vigo 2010 |
Sabiades que cos seus máis de mil kilómetros de costa Galicia foi considerada desde sempre un pobo típicamente mariñeiro, práctica na que se sustentou e sustenta gran parte da sú economía. Pero como xa dicía Álvaro Cunqueiro, esta terra tamén é o país dos dez mil ríos. Un verxel de montañas, bosques e cursos fluviais que a miúdo son uns grandes descoñecidos, a pesares de que a súa extensión chega a ser ata catro veces superior cá da nosa costa. De entre toda esta rede fluvial que cobre Galicia, o río Miño é sen dúbida algunha o máis representativo de todos, sendo un dos nosos principais símbolos.
O Miño é fonte de vida, de inspiración e de numerosas lendas. Sen embargo, máis alá do seu valor estético, este río aínda agocha innumerables segredos baixo as súas auguas que a miúdo escapan ao ollo inexperto. Nesta película puidestes sumerxiros nas súas augas. Paisaxes subacuáticos insólitos como os que agocha a laguna de Fonmiñá, considerada durante décadas como o nacemento deste río. Unha ampla variedade e diversidade de invertebrados microscópicos ao longo de todo o seu curso. Ou a presenza de especies ide especial relevancia, como o Salmón Atlántico (o migrador por excelencia), que ten un dos seus últimos redutos europeos con poboacións estabeis na cunca baixa do Miño. Estas foron algunhas das marabillas que foron expostas nesta presentación multimedia.
Sabiades que a costa de Galicia foi considerada durante séculos o fin do mundo coñecido, cun mar axitado e misterioso, baixo cuxa superficie, ademáis de historias e lendas, atópase unha das máis ricas biodiversidades de todas as augas do noso planeta. Un mar cheo de vida. Aquí teñen o seu reino os cefalópodos. Criaturas cunha intelixencia moi desenvolvida e unha capacidade de aprendizaxe moi notable. A súa gran versatilidade lles permite modificar o aspecto de súa pel para imitar a cor e relevo do fondo, logrando unha camuflaxe perfecta para pasar inadvertidos e para cazar. Un capítulo moi interesante que puidestes ver son os comportamentos e pautas de reprodución, moi pouco coñecidos dos cefalópodos.
Tamén tivestes a ocasión de visitar outras zonas da cidade de Vigo. Aquí tedes algunhas fotos desta visita feitas polas vosas compañeiras María Pérez e Oinaze Rodríguez.
![]() |
Diferentes momentos da visita |