Garzota.Foto de Luis Calleiras |
Na estación ornitolóxica situada na Pasaxe (Camposancos-A Guarda) a 100 metros do peirao do ferri A Guarda-Caminha, seremos recibidos por membros da Asociación Naturalista “Baixo Miño” ( ANABAM).
Alí nos darán unhas instruccións e un caderno de campo para actividades e un determinado número de prismáticos para a realización desta visita. ( Se alguén ten prismáticos pode levalos ).
A duración é dunha hora e media aproximadamente e consiste na observación das aves acuáticas que utilizan a desembocadura do Miño como área de invernada. Patos, garzas, mazaricos, píllaras, fochas, biluricos, ... son algunhas das aves que poderemos observar.
Se queres ver fermosas fotos de algunhas delas, visita a galería de fotos de Luís Calleiras, que é un visitante asiduo deste lugar, e que ten fotos espectaculares de algunhas delas.
Se queredes ir coñecendo algunhas das aves que veremos, non deixedes de ver o vídeo que vén a continuación feito por Agustín Ferreira, membro de ANABAM. Que o disfrutedes !!
Fonte de información: http://www.anabam.org/index.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario