Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

lunes, 4 de abril de 2011

Cine: "Unha noite na ópera"

Como remate das saídas deste trimestre, o próximo xoves dia 7, visitaremos o Centro  Cultural de Novacaixagalicia de Vigo, para asistir a proxección da película “Unha noite na ópera” dos famosos Irmáns Marx.
Esta película é, para moita xente, a mellor comedia e unha das mellores películas da historia do cine, tamén chamado o 7º arte.
"Unha noite na ópera" é un gran clásico. Pero, que é un clásico e que películas o son? Un clásico é aquela película que, por moito que pasen os anos, nunca pasa de moda, é dicir, nunca envellece. Cantas películas resistiron o paso dos anos? Non foi así con esta película dos Marx que conserva a súa frescura e toda a súa orixinalidade. É sorprendente que en 76 anos non envellecera nada e  que as súas escenas non perderan a súa graza.
A película é unha comedia cómica, unha historia de amor e un musical. Os irmáns Marx dan renda solta a seu humor. Nesta ocasión búrlanse da vaidade, os formalismos burocráticos, a torpeza de miras e da pretensión de conseguir relacións, amizades e prestixio con cartos. Critica a soberbia e exalta a sinxeleza dos nenos e os humildes.
Son escenas memorables o encontro no restaurante, a cea e o canto na cuberta do barco, o contrato entre Groucho e Chico, a algarabía no teatro de Nova Iorque, a aglomeración de persoas no camarote e  outras. Inclúe expresións que se fixeron famosas: "Como penso lentamente, necesito todo o día ", "Se me despide, retiro miña proposición de matrimonio ", "Todo en ela me recorda a vostede, excepto vostede ".
En resumo, ten todo o que se lle pode pedir a unha película: humor, intelixencia, crítica, dozura, arte (Il Trovattore é unha opera preciosa, pero Harpo non se queda curto tocando a arpa para os nenos), ironía, viaxes e tolemia.
En fin, preparádevos para rir moito e disfrutar desta obra de arte do cine.

Aquí tedes un trailer desta película, aínda que está en inglés.

No hay comentarios:

Publicar un comentario