Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

jueves, 28 de octubre de 2010

Visita Pili Carrera en fotos

Aquí tedes algunhas das fotos que sacamos na visita escolar a fábrica de Pili Carrera.
Espero que vos gusten.

domingo, 24 de octubre de 2010

Visita escolar: Pili Carrera

Instalacións de Pili Carrera
Esta semana imos a visitar empresa  líder en produción e distribución  de moda infantil Pili Carrera. Esta é unha empresa que cobre todas as necesidades que poida ter un neno en todo o seu crecemento.
Esta saída ten como obxectivo principal o coñecer o funcionamento dunha fábrica téxtil no momento da produción e observar de cerca  o proceso de produción desde o principio ata a saída do produto ao mercado. Por último, nos dá a coñecer a realidade industrial do noso concello e as actividades económicas da súa poboación
Esta fábrica de moda infantil está situada no noso Concello e ocupa unhas modernas instalacións de 20.000 m2.
Unha das cuestións máis salientábeis desta fábrica é que nela se realiza todo o proceso de produción das prendas: desde o deseño ata a saída do produto ao mercado.
Cando fagamos a visita nos recíbe no hall da fábrica a responsábel de comunicación da empresa, que vai ser a persoa que nos guíe na visita.
A guía iranos amosando os distintos departamentos por orde de produción: despois dunha pequena introdución ás materias primas que utilizan, lévanos ao departamento de deseño e de alí ao de corte, ao de confección de punto, cosido, … ata o etiquetado e embolsado final.
A visita se nos fará moi amena xa que, teremos  a oportunidade de experimentar o proceso de fabricación na súa totalidade e no momento mesmo da súa realización.
Se queres coñecer máis desta gran empresa preme aquí.

jueves, 21 de octubre de 2010

Tema 3. Unha banda de piratas

Ao rematar este tema deberías saber: 
  • Ler unha narración con fluidez e corrección.
  • Comprender o sentido global dun texto narrativo e identificar os seus elementos máis característicos: espazo, tempo, personaxes e narrador.
  • Recoñecer os trazos característicos dunha noticia periodística.
  • Escribir unha noticia periodística de acordo cunhas pautas.
  • Relacionar palabras cos seus antónimos e diferenciar entre sinónimos e antónimos.
  • Buscar os antónimos de certas palabras nun dicionario de sinónimos e antónimos.
  • Aplicar as normas básicas de acentuación segundo as palabras sexan agudas, graves ou esdrúxulas.
Recursos


Tema 3. La división de los números naturales.

Al terminar esta undidad deberías de:

·         Identificar los términos de la división.
·         Dividir números naturales.
·         Distinguir división exacta y entera.
·         Interiorizar que, en una división, el resto siempre es inferior al divisor.
·         Conocer y aplicar la prueba.
·         Dividir números acabados en ceros por la unidad seguida de ceros.
·         Conocer y aplicar la propiedad fundamental de la división.
·         Estimar cocientes.
·         Reconocer situaciones reales en las que se aplica la división.

Recursos



sábado, 9 de octubre de 2010

Despedida

Desde o pasado venres día 8 xa non está connosco o compañeiro Marcos Daniel Lago. Por motivos familiares ten que cambiar de colexio. Ímolo a botar moito de menos. Esperamos que no colexio para onde vai teña un acollida tan boa como aquí.

Sorte e ata sempre Marcos !!

domingo, 3 de octubre de 2010

Tema 2. Versos de outono

Ao rematar este tema deberías:

  • Ler poemas con fluidez, coidando a entoación.
  • Recoñecer o ritmo dun poema e os conceptos de verso, estrofa e personificación.
  • Dominar e utilizar o vocabulario referido ao outono.
  • Recoñecer e aplicar as palabras sinónimas.
  • Diferenciar entre frase e oración e identificar os constituíntes inmediatos da oración.
  • Clasificar palabras segundo o número de sílabas, así como identificar a tónica e clasificalas segundo a posición desta.
Recursos


viernes, 1 de octubre de 2010

Tema 2. La multiplicación de los números naturales.

En este tema estudiamos
· El producto de números naturales.
· Los términos de la multiplicación.
· La propiedad conmutativa de la multiplicación.
· La propiedad asociativa de la multiplicación.
· La propiedad distributiva de la multiplicación.
· La jerarquía de las operaciones.
Recursos
Para los más atrevidos...
Multiplicador galáctico. Está en inglés