Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

domingo, 3 de octubre de 2010

Tema 2. Versos de outono

Ao rematar este tema deberías:

  • Ler poemas con fluidez, coidando a entoación.
  • Recoñecer o ritmo dun poema e os conceptos de verso, estrofa e personificación.
  • Dominar e utilizar o vocabulario referido ao outono.
  • Recoñecer e aplicar as palabras sinónimas.
  • Diferenciar entre frase e oración e identificar os constituíntes inmediatos da oración.
  • Clasificar palabras segundo o número de sílabas, así como identificar a tónica e clasificalas segundo a posición desta.
Recursos


No hay comentarios:

Publicar un comentario