![]() |
Instalacións de Pili Carrera |
Esta semana imos a visitar empresa líder en produción e distribución de moda infantil Pili Carrera. Esta é unha empresa que cobre todas as necesidades que poida ter un neno en todo o seu crecemento.
Esta saída ten como obxectivo principal o coñecer o funcionamento dunha fábrica téxtil no momento da produción e observar de cerca o proceso de produción desde o principio ata a saída do produto ao mercado. Por último, nos dá a coñecer a realidade industrial do noso concello e as actividades económicas da súa poboación
Esta fábrica de moda infantil está situada no noso Concello e ocupa unhas modernas instalacións de 20.000 m2.
Unha das cuestións máis salientábeis desta fábrica é que nela se realiza todo o proceso de produción das prendas: desde o deseño ata a saída do produto ao mercado.
Cando fagamos a visita nos recíbe no hall da fábrica a responsábel de comunicación da empresa, que vai ser a persoa que nos guíe na visita.
A guía iranos amosando os distintos departamentos por orde de produción: despois dunha pequena introdución ás materias primas que utilizan, lévanos ao departamento de deseño e de alí ao de corte, ao de confección de punto, cosido, … ata o etiquetado e embolsado final.
A visita se nos fará moi amena xa que, teremos a oportunidade de experimentar o proceso de fabricación na súa totalidade e no momento mesmo da súa realización.
Se queres coñecer máis desta gran empresa preme aquí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario