Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

viernes, 24 de diciembre de 2010

Felicitación Nadal dos quintos da Pena

Os nosos parabéns aos alumnos e as alumnas, pola magnifica representación das obras de teatro no Festival de Nadal. Aquí tedes varias escenas das mesmas.

E xa para rematar, o alumnado e o profesorado de 5º, desexamos a todos e todas unhas Felices Festas de Nadal e Aninovo

1 comentario:

  1. Manolo, gustoume moito a función, foi moi divertido facela!!!

    ResponderEliminar