Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

sábado, 8 de enero de 2011

Tema 6. Con ton e son.

Ao rematar esta unidade deberías de saber: 
  • Ler poemas coa entoación adecuada.
  • Comprender o sentido global dun poema e responder cuesntións de contido e forma relacionadas co seu comentario.
  • Distinguir a rima asonante da consonante.
  • Recoñecer a metáfora e a comparación e saber utilizalas.
  • O vocabulario aprendido relacionado coa saúde
  • Recoñecer os morfemas de xénero, de número e as desinencias.
  • Recoñecer e clasificar as formas dos artigos determinados e indeterminados.
  • Coñecer as contraccións do artigo e aplícalas correctamente.
  • Usar correctamente o punto e as mayúsculas

Recursos:

Aquí tes algunhas actividades desta unidade que podes atopar neste enderezo:
Vocabulario:
  • No centro de saúde
  • Lexemas e morfemas

Gramática:
  • Os artigos

Ortografía
  • O punto e as mayúsculas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario