![]() |
Recuperación das ribeiras do río Louro en Mos |
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a todos os nenos e as nenas o Paseo do Louro ó tempo que se fomenta a súa utilización lúdica, así coma as prácticas saudables e educativas.
O programa é o seguinte:
Sairemos de Plásticos Barcia ás 10.00 h. Alí vos repartirán unha fotocopia con distintas plantas que encontraremos ao noso paso e intentaremos atopalas durante o paseo polo camiño.
A metade de paseo, farase unha parada para que poidades merendar durante 20 min aproximadamente e logo continuaremos ata o final. Unha vez percorrido o camiño dirixiremonos cara o Pazo. Alí, mentres agardamos que nos fagan a visita guiada, repartiranse folios e celo para que podades faceros uns guías de plantas autóctonas coas plantas recollidas.
![]() |
Pazo de Mos |
A visita ao Pazo farase en dous turnos, mentres un turno está dentro visitando o Pazo, o outro acompañará ao Chófer do Camión motobomba e alí vos explicará a actuación ante un incendio forestal.
A volta ao colexio será sobre as 13.15 h.
Me gusto mucho esa excursión!!
ResponderEliminar