Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

jueves, 19 de mayo de 2011

Paseo polo río Louro e visita ao Pazo I

Onte fixemos a saída escolar programada dentro do proxecto “coñecemos” en compañía dos centros CEIP de Petelos, CEIP de Atín-Cela e CEIP “Mestre Alonso” de Castro Mos
Saímos de Plásticos Barcia un pouco máis tarde do previsto por mor dun problema cun dos autobuses.
Despois de repartirnos unha fotocopia con distintas plantas que teriamos que intentar atopar ao noso paso, comezamos o paseo polo camiño.
A metade de paseo, fixemos unha parada na zona recreativa de As Pesqueiras para merendar durante 20 min aproximadamente. Logo continuamos ata o final. Unha vez percorrido o camiño dirixímonos cara o Pazo.
A visita ao Pazo fíxose en dous turnos, mentres un turno estaba dentro visitando o Pazo, o outro acompañou ao Chófer do Camión motobomba e alí nos explicou a actuación ante un incendio forestal e os materiais que utilizan nos mesmos.
Nós fomos do 2º turno, co CEIP de Petelos para visitar o Pazo. Un monitor nos informou de toda a historia e das diferentes dependencias do mesmo.
Ao rematar, voltamos ao colexio sobre as 13.15 h.

No hay comentarios:

Publicar un comentario