Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

miércoles, 22 de junio de 2011

Derradeira unidade do curso e despedida.

Felices vacacións !!!
Xa temos aquí as vacacións de verán, e xa como a derradeira recomendación, quérovos suxerir algunhas orientacións para que, ademais de disfrutar do tempo libre, fagades algunhas actividades que vos permitan non esquecer os conceptos estudados que tanto traballo nos deron e manter os hábitos de traballo desenvolvidos ao longo do curso.
Convén sempre dedicar un pouco de tempo, mellor pola mañá ou despois de comer, para escribir algo de forma creativa; por exemplo un diario, contos, historias ou pequenos relatos, unha poesía… E tamén podedes repasar os contidos traballados cos libros de vacacións das editoriais que traballamos este curso ( Anaya e S.M.) ou ben realizando os exercicios que hai ao final  das unidades no libro deste ano que se dedican precisamente ao repaso do aprendido. Tamén, para os que teñades Internet na casa, ao final deste texto, teredes uns recursos de todas as unidades que demos este ano tanto en galego como en matemáticas parecidas ás que fomos poñendo no blogue durante o curso. Programade  ben o tempo, é moi importante. Na anterior entrada do blogue hai moi bos consellos.
O verán é longo e hai tempo para moitas cousas: divertirse, disfrutar da familia, para ir a un campamento, as túas actividades de ocio preferidas como pintar, xogar, escoitar música ou practicar algún deporte. Pero tamén é importante dedicar parte deste tempo a conservar e intensificar o hábito lector: todos os dias disfruta dun tempo de lectura tranquila, lendo aqueles libros que máis che gusten. Nas ligazóns que hai máis abaixo, do Servicio  Orientación de Lectura (SOL), e no da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) podedes escoller os mellores libros  segundo os vosos gustos e intereses.
Finalmente xa sabedes que me xubilo este curso, polo tanto non formarei parte do profesorado do colexio despois de 19 anos nel, e difíciles de esquecer. Tamén espero que cos mestres/as que estarán convosco o curso que vén, que seguro estaredes fenomenal e serán estupendos/as, traballaredes moi ben e o voso comportamento aínda será mellor.
Quero agradecervos a todos  e todas as mostras de afecto, a colaboración, a participación e apoio non só o voso, senón o de as vosas nais e pais durante este curso que agora remata, que fixeron  que fose moi agradable
Un forte abrazo para todos e todas
                                                                  Feliz verán e… ata sempre !!
                                                                                          O voso profe
Manolo.
Recursos de lectura en galego e castelán.


Actividades de matemáticas e de lingua galega.

lunes, 20 de junio de 2011

Uns consellos para estudar ben

Consellos para traballar ben no teu cuarto.
Desde a comunidade de  Junta de Castilla y León ofrecennos esta animación, na que  nos dan unha serie de consellos para estudar na casa en boas condicións e que nos poden ser de moita axuda para o próximo curso.
Move o rato polas diferentes partes da pantalla e verás uns puntos verdes. Se premes neles, darache consellos para sentarte ben fronte o ordenador, como estudar ben e as regras mnemotécnicas ( son maneiras para axudar a memorizar ), facer actividades para preparar exames ou facer o teu propio exame, documentarte, como coidarte correctamente…

sábado, 11 de junio de 2011

Tema 15. Los cuerpos geométricos

Último tema do curso 2010-11
Después de tratar la geometría en el plano en las tres unidades anteriores, con los contenidos de esta unidad, relativos a los cuerpos geométricos, se completa el bloque de Geometría. En este último tema del curso, se aborda el estudio de los distintos tipos de poliedros, sus elementos y su clasificación, además de los cuerpos redondos y sus elementos.
Al terminar esta unidad, deberías de saber:
  • Identificar poliedros y localizar sus elementos.
  • Diferenciar entre poliedros regulares e irregulares.
  • Identificar y nombrar los cinco poliedros regulares.
  • Identificar y distinguir los elementos de un prisma.
  • Señalar los elementos de una pirámide.
  • Nombrar pirámides y prismas dados.
  • Identificar cuerpos redondos y distinguir sus elementos.
  • Identificar desarrollos planos dados.
  • Aplicar los cuerpos geométricos conocidos para resolver un problema dado.
RECURSOS:


viernes, 10 de junio de 2011

Tema 15. Ensaio xeral.

Libros de teatro
Con esta unidade rematamos o curso en Língua Galega. Para eso nos propoñen a lectura Ensaio xeral (Unha adaptación de Mamasiña, que medo! de Chus Pereiro, Edicións Xerais, colección Merlín).
Se estás interesado nela, está na Biblioteca Escolar do colexio. Aquí tes a súa ficha.
E se che gusta moito o teatro, non deixes de ler Teatro ás tres pancadas de Antonio Torrado da mesma colección de Edicións Xerais e que tamén hai na Biblioteca. Mira a ficha.
Ao rematar esta unidade deberías saber como mínimo:
  • Ler un texto teatral con fluidez e comprensión.
  • Recoñecer un texto teatral fronte a outros textos.
  • Entender o concepto de campo semántico.e saber agrupar palabras.
  • Diferenciar as preposicións doutras clases de palabras.
  • Utilizar correctamente algúns sufixos especiais.


RECURSOS

Algunhas actividades que che poden axudar a preparar esta unidade e que podes atopar  nesta ligazón.

Vocabulario:
Na festa.
Campo semántico.
Gramática:
As preposicións
Ortografía:
Os sufixos –nza e -ncia.

martes, 31 de mayo de 2011

Saída deportiva ao CEIP de Petelos

O luns 30 de maio, fomos ao CEIP de Petelos, para realizar os xogos deportivos do programa Xogade nas modalidades deportivas nas que participa o colexio no presente curso.
As actividades físicas nas  que participamos foron: voleibol, badminton, baloncesto, balonmán e futbito.
Se che gustan os deportes e os xogos, na biblioteca temos uns cantos títulos. Pódelos buscar aquí no número 796 da nosa CDU.
A continuación podedes ver aos diferentes grupos de alumnos do Colexio, en distintos momentos dos xogos.

sábado, 28 de mayo de 2011

Tema 14. Movimientos en el plano

Al terminar esta unidad deberías de saber:
  • Expresar una misma área en distintas unidades.
  • Calcular el área de un polígono dado.
  • Reconocer figuras simétricas dadas.
  • Dibujar los ejes de simetría de una figura simétrica dada.
  • Dibujar figuras simétricas a otras dadas.
  • Trasladar figuras dadas.
  • Identificar el ángulo de giro efectuado sobre una figura.
  • Localizar puntos y coordenadas.
  • Utilizar los movimientos y las coordenadas en el plano para resolver un problema dado.
Recursos


viernes, 27 de mayo de 2011

Tema 14. Textos para non esquecer.

A lectura desta unidade é unha adaptación da obra “Harry Potter e a pedra filosofal”, da Editorial Galaxia, colección Salamandra, traducida por Marilar Aleixandre no ano 2002.
Ao rematar esta unidade deberías de:
  • Ler de forma comprensiva un fragmento narrativo que inclúe instrucións.
  • Recoñecer as características de certos textos breves (notas, avisos, comunicacións…) e saber redactalos.
  • Dominar e empregar o vocabulario referido ao parque acuático.
  • Identificar palabras parónimas e falsos amigos.
  • Recoñecer os adverbios e clasificalos.
  • Recoñecer os grupos cultos pt, pc e b + consoante.


RECURSOS

Algunhas actividades que che poden axudar a preparar esta unidade e que podes atopar  nesta ligazón.

Vocabulario:
No parque acuático.
Parónimos e falsos amigos.
Gramática:
Os adverbios.
Ortografía:
Algúns grupos consonánticos.

jueves, 19 de mayo de 2011

Paseo polo río Louro e visita ao Pazo I

Onte fixemos a saída escolar programada dentro do proxecto “coñecemos” en compañía dos centros CEIP de Petelos, CEIP de Atín-Cela e CEIP “Mestre Alonso” de Castro Mos
Saímos de Plásticos Barcia un pouco máis tarde do previsto por mor dun problema cun dos autobuses.
Despois de repartirnos unha fotocopia con distintas plantas que teriamos que intentar atopar ao noso paso, comezamos o paseo polo camiño.
A metade de paseo, fixemos unha parada na zona recreativa de As Pesqueiras para merendar durante 20 min aproximadamente. Logo continuamos ata o final. Unha vez percorrido o camiño dirixímonos cara o Pazo.
A visita ao Pazo fíxose en dous turnos, mentres un turno estaba dentro visitando o Pazo, o outro acompañou ao Chófer do Camión motobomba e alí nos explicou a actuación ante un incendio forestal e os materiais que utilizan nos mesmos.
Nós fomos do 2º turno, co CEIP de Petelos para visitar o Pazo. Un monitor nos informou de toda a historia e das diferentes dependencias do mesmo.
Ao rematar, voltamos ao colexio sobre as 13.15 h.

lunes, 16 de mayo de 2011

"Coñecemos": Paseo do Louro

Recuperación das ribeiras do río Louro en Mos
Desde a concellaría de Participación Cidadá e Educación do noso concello, nos informan da saída do programa "coñecemos" a levar a cabo o dia 18 de maio.
O obxectivo desta actividade é dar a coñecer a todos os nenos e as nenas o Paseo do Louro ó tempo que se fomenta a súa utilización lúdica, así coma as prácticas saudables e educativas.
O programa é o seguinte:
Sairemos de Plásticos Barcia ás 10.00 h. Alí vos repartirán unha fotocopia con distintas plantas que encontraremos ao noso paso e intentaremos atopalas durante o paseo polo camiño.
A metade de paseo, farase unha parada para que poidades merendar durante 20 min aproximadamente e logo continuaremos ata o final. Unha vez percorrido o camiño dirixiremonos cara o Pazo. Alí, mentres agardamos que nos fagan a visita guiada, repartiranse folios e celo para que podades faceros uns guías de plantas autóctonas  coas plantas recollidas.
Pazo de Mos
A visita ao Pazo farase en dous turnos, mentres un turno está dentro visitando o Pazo, o outro acompañará ao Chófer do Camión motobomba e alí vos explicará a actuación ante un incendio forestal.
A volta ao colexio será sobre as 13.15 h. 

lunes, 9 de mayo de 2011

Unidad 13. Las figuras planas

Figuras planas
En esta unidad se da continuidad al bloque de Geometría, iniciado en la unidad anterior. En ella se introducen distintos tipos de polígonos, sus elementos, y su clasificación; se estudia la circunferencia y el círculo; y se muestran los procedimientos para dibujar figuras planas con regla y compás
Al terminar esta unidad deberías de saber:

  • Identificar los elementos de un polígono dado y calcular su perímetro.
  • Clasificar polígonos dados según su número de lados.
  • Distinguir polígonos regulares de irregulares.
  • Clasificar triángulos dados según sus ángulos y según sus lados.
  • Identificar y dibujar los diferentes cuadriláteros.
  • Reconocer circunferencias, círculos y sus elementos y nombrarlos.
  • Aplicar las principales figuras planas para resolver un problema dado.
RECURSOS.

domingo, 8 de mayo de 2011

Tema 13. Personaxes clásicos

O gato con botas
A lectura desta unidade é unha adaptación da obra O gato con botas”  de Charles Perrault.
Ao rematar esta unidade deberías de saber como mínimo:
  • Facer a descrición dunha persoa.
  • Identificar castelanismos comúns e a forma correcta galega que corresponde.
  • Recoñecer o modo das formas verbais e conxugar verbos regulares.
  • Escribir correctamente palabras con ll e con i.

RECURSOS
Algunhas actividades que che poden axudar a preparar esta unidade e que podes atopar nesta ligazón.
Vocabulario:

De viaxe.
Castelanismos.
Gramática:
O verbo(2). Modos e formas verbais.
Ortografía:
Palabras con ll e con i


miércoles, 27 de abril de 2011

Tema 12. Rectas y ángulos


Al terminar esta unidad deberías de saber:
  • Diferenciar, en un dibujo, recta, semirrecta y segmento.
  • Identificar y trazar segmentos en un dibujo.
  • Distinguir rectas paralelas y secantes, y reconocer las rectas perpendiculares como un caso particular de rectas secantes.
  • Trazar una recta paralela y una recta perpendicular a una recta dada.
  • Localizar ángulos y señalar sus elementos.
  • Clasificar y medir ángulos dados.
  • Dibujar ángulos.
  • Identificar y tratar la mediatriz de un segmento dado.
  • Identificar y trazar la bisectriz de un ángulo dado.

RECURSOS

martes, 26 de abril de 2011

Tema 12. A nosa terra

Terra Chá. Manuel María

As lecturas desta unidade son dúas adaptacións das obras “A miña terra” incluído en “Onde o mundo se chama Celanova” de Celso Emilio Ferreiro e “A Terra Chá” de Manuel María.
Ao rematar esta unidade deberías de:
  • Ler poemas coa entoación e as pausas adecuadas.
  • Comprender o sentido global dun poema e responder cuestións de contido relacionadas co seu comentario.
  • Localizar nun poema a figura literaria da repetición.
  • Identificar a anáfora como un tipo especial de repetición.
  • Asimilar e aplicar o vocabulario aprendido: léxico relacionado coa paisaxe da costa.
  • Recoñecer unha serie de palabras como integrantes da mesma familia léxica.
  • Nunha forma verbal, distinguir os morfemas que indican a persoa gramatical, o úmero e o tempo.
  • Clasificar os verbos segundo a conxugación.
  • Utilizar correctamente o h.

RECURSOS

Algunhas actividades que che poden axudar a preparar esta unidade e que podes atopar nesta ligazón.
 Vocabulario:
Na beiramar.
Familia léxica.
Gramática:
O verbo(1).As desinencias
Ortografía:
Palabras con h.

lunes, 18 de abril de 2011

Chegou a primavera !!

La primavera ha venido, nadie sabe cómo ha sido" (A. Machado)
"Podrán cortar todas las flores, pero no podrán detener la primavera" (P. Neruda)
A primavera no CEIP "Pena de Francia"
Por fin remataron os días grises, fríos e chuviosos. Xa temos aquí a primavera que, como di Antonio Machado ninguén sabe como chegou e segundo Pablo Neruda ninguén pode deter.
E como tamén inflúe no estado de ánimo das persoas, os nenos e as nenas do 2º Ciclo lles veu a súa vea poética e nos quixeron agasallar cunha poesía para celebralo e tamén coa decoración do corredoiro da nosa planta. 
Levoulles tempo, pero mereceu a pena !!

Aqui no noso cole
a primavera chegou.
e os nosos corredoiros
enchéronse de moita cor.

Temos xirasois,
bolboretas e formigas,
e miñocas, e máis abellas,
e tamén moitas xoaniñas.

Se ti queres vir
aquí te esperamos
con moita alegría
e con moito ánimo.

A primavera chegou
aos nosos corredoiros
se con nós ti queres vir,
podémola compartir!

E para acompañar esta fermosa poesía, que mellor que un boa música. Aquí tedes "A Primavera" de Antonio Vivaldi, unha das figuras máis importantes da historia da música, para poder disfrutar aínda máis desta estación. 



viernes, 15 de abril de 2011

Despedida


Desde o pasado venres día 15 de abril, xa non estará connosco a profesora Ana Belén Alonso González, que estivo substituíndo a Dna. Margarita por mor dunha baixa temporal.
Querémoslle dar as grazas pola súa labor, o seu saber estar e o seu trato con todos nós, así como a súa  xenerosidade no desempeño das súas funcións e que saiba que, sempre terá neste centro un grato recordo. 
Esperamos que no colexio para onde vai teña un acollida tan boa como aquí.
Sorte e ata sempre Ana !!

sábado, 9 de abril de 2011

Cine: "Unha noite na ópera". II

O pasado xoves día 7 de Abril, os alumnos e alumnas de 3º Ciclo de E. Primaria, fomos ao Centro Cultural de NovaCaixaGalicia para ver a película dos irmáns Marx: "Unha noite na ópera". Unha divertidísima película que nos fixo pasar unha mañá moi divertida.
Os irmáns Marx deixaronnos algúns dos mellores momentos do cine de todos os tempos, películas irrepetibles que resisten ao tiempo e ao olvido. Unha noite na ópera é sen dúbida unha das súas maiores xoias, a comedia feita arte.
Lembrades…
A parte contratante da primeira parte será considerada como a parte contratante da primera parte”….
….”e dous ovos duros”.
Pero non só foi cine. Despois de repoñer forzas na praza de Compostela, demos un paseo ata o porto, e poidemos ollar o fantástico trasatlántico “Independence of the seas”, un dos cruceiros máis grandes do mundo.
Algúns momentos da visita.


jueves, 7 de abril de 2011

Tema 11. Medida de tiempo

Medimos el tiempo
Al terminar esta unidad deberías de saber:
  • Manejar adecuadamente las unidades de tiempo más usuales.
  • Determinar el siglo correspondiente a un año dado.
  • Convertir una medida de tiempo dada en horas, minutos y segundos.
  • Transformar una expresión de tiempo compleja en incompleja, y viceversa.
  • Sumar cantidades de tiempo dadas.
  • Restar cantidades de tiempo dadas.
  • Utilizar operaciones con datos de tiempo para la resolución de problemas.
  • Leer la hora expresada en un reloj.
  • Resolver un problema con medidas de tiempo.

RECURSOS


miércoles, 6 de abril de 2011

Tema 11. Un pouco de historia

Vivenda castrexa
A lectura desta unidade é unha adaptación da obra Un pouco de historia” incluído en “Historia de Galicia” de Pepe Carreiro, da Editorial A Nosa Terra...
Ao rematar esta unidade deberías de:
  • Ler con fluidez e corrección un texto expositivo.
  • Recoñecer e utilizar os recursos estudados na descrición de lugares.
  • Asimilar e aplicar o vocabulario aprendido: léxico relacionado coa montaña.
  • Comprender a estrutura das palabras compostas.
  • Identificar os pronomes átonos.
  • Colocar adecuadamente o pronome átono na oración segundo as normas estudadas.
  • Utilizar correctamente o x.
  • Diferenciar palabras que comezan por ex- e palabras que comezan por es.

RECURSOS
Algunhas actividades que che poden axudar a preparar esta unidade e que podes atopar nesta ligazón

Vocabulario:
Na montaña.
As palabras compostas.
Gramática:
O pronome persoal. Formas átonas
Ortografía:
Palabras con x.

lunes, 4 de abril de 2011

Cine: "Unha noite na ópera"

Como remate das saídas deste trimestre, o próximo xoves dia 7, visitaremos o Centro  Cultural de Novacaixagalicia de Vigo, para asistir a proxección da película “Unha noite na ópera” dos famosos Irmáns Marx.
Esta película é, para moita xente, a mellor comedia e unha das mellores películas da historia do cine, tamén chamado o 7º arte.
"Unha noite na ópera" é un gran clásico. Pero, que é un clásico e que películas o son? Un clásico é aquela película que, por moito que pasen os anos, nunca pasa de moda, é dicir, nunca envellece. Cantas películas resistiron o paso dos anos? Non foi así con esta película dos Marx que conserva a súa frescura e toda a súa orixinalidade. É sorprendente que en 76 anos non envellecera nada e  que as súas escenas non perderan a súa graza.
A película é unha comedia cómica, unha historia de amor e un musical. Os irmáns Marx dan renda solta a seu humor. Nesta ocasión búrlanse da vaidade, os formalismos burocráticos, a torpeza de miras e da pretensión de conseguir relacións, amizades e prestixio con cartos. Critica a soberbia e exalta a sinxeleza dos nenos e os humildes.
Son escenas memorables o encontro no restaurante, a cea e o canto na cuberta do barco, o contrato entre Groucho e Chico, a algarabía no teatro de Nova Iorque, a aglomeración de persoas no camarote e  outras. Inclúe expresións que se fixeron famosas: "Como penso lentamente, necesito todo o día ", "Se me despide, retiro miña proposición de matrimonio ", "Todo en ela me recorda a vostede, excepto vostede ".
En resumo, ten todo o que se lle pode pedir a unha película: humor, intelixencia, crítica, dozura, arte (Il Trovattore é unha opera preciosa, pero Harpo non se queda curto tocando a arpa para os nenos), ironía, viaxes e tolemia.
En fin, preparádevos para rir moito e disfrutar desta obra de arte do cine.

Aquí tedes un trailer desta película, aínda que está en inglés.

domingo, 27 de marzo de 2011

Tema 10. Medidas de capacidad y masa

Al terminar esta unidad deberías de saber:
  • Conocer los múltiplos y submúltiplos del litro.
  • Dominar las relaciones entre las distintas unidades de capacidad.
  • Conocer los múltiplos y submúltiplos del gramo.
  • Dominar las relaciones entre las distintas unidades de masa.
  • Dominar el uso indistinto de expresiones complejas e incomplejas de capacidad y masa.
  • Conocer la existencia de distintos instrumentos de medida de capacidad y masa.
  • Utilizar las medidas de capacidad y masa para resolver situaciones reales.

RECURSOS

sábado, 26 de marzo de 2011

Tema 10. Un conto sen final

A lectura desta unidade é unha adaptación da obra Los fantasmas de Bort” incluído en “Cuentos para jugar” de Gianni Rodari. Esta obra recolle vinte contos no que os desenlaces quedan abertos a tres finais distintos.
Se queres coñecer os outros contos que o compoñen, telos todos a continuación.
Rodari, Gianni - Cuentos Para Jugar

Ao rematar esta unidade deberías de:

  • Ler con fluidez un conto no que tes que decidir o final.
  • Identificar o desenlace dun conto e elixir o que máis conveña para o conto da lectura.
  • Dominar e utilizar o vocabulario referido ao cine.
  • Identificar os principais sufixos para formar xentilicios.
  • Coñecer as formas tónicas dos pronomes persoais e empregalas correctamente.
  • Aplicar correctamente algunhas normas sobre o uso do v.
RECURSOS


Algunhas actividades que che poden axudar a preparar esta unidade e que podes atopar nesta ligazón.

Vocabulario:
  • No cine.
  • Os xentilicios.

Gramática:
  • O pronome persoal. Formas tónicas

Ortografía:
  • Palabras con v.