Aqui tedes a canción elexida este ano para celebrar o Día Internacional da Paz e Non Violencia, e que foi Color Esperanza do cantante arxentino, Diego Torres.
Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.
Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.
A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.
Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.
.
miércoles, 26 de enero de 2011
Traballo de filatelia.
![]() |
Selos de España |
Como xa coñecedes bastante sobre o mundo dos selos, a filatelia, imos a comezar co traballo voluntario que imos a facer.
En primeiro lugar, buscamos nos folletos que temos, nesta páxina ou tamén neste enderezo, os selos emitidos en España no noso mes de nacemento do ano 2000.
Unha vez que teñamos a lista feita, temos que crear unha carpeta no voso open drive, e lle poñemos o nome de “selos”. Dentro desta carpeta, creamos outra co “Nome” de cada un de vós.
Despois imos a buscar en Internet, nesta páxina, as imaxes dos selos emitidos no voso mes de nacemento do ano 2000.
As imaxes dos selos, ímolas a ir gardando na carpeta que creamos co noso “Nome”.
Cando teñamos todas as imaxes na carpeta, calculamos en pesetas e en euros o valor facial de todos eles por series no ano 2000 e logo o valor total de todas as series. Para iso, temos un conversor de pesetas a euros e viceversa.
Finalmente, comprobaremos a diferencia que teñen co valor actual en euros, cos precios que teñen nesta tenda de filatelia, é dicir, canto custan máis agora.
Aquí tedes un exemplo dunha serie
Finalmente, comprobaremos a diferencia que teñen co valor actual en euros, cos precios que teñen nesta tenda de filatelia, é dicir, canto custan máis agora.
Aquí tedes un exemplo dunha serie
![]() |
Ano 1976. Aduanas |
1976 España. Aduanas Serie completa 3 valores: 1 – 3 - 7 ptas.
Total 11 ptas. = 0,7 € ( valor no ano 1976 )
Valor actual 1,90 € ( valor no ano 2010 )
Diferencia 1,90 - 0,70 = 1,20 €
Se hai máis series, faise o mesmo, logo súmanse todas e finalmente réstanse para saber a diferenza de valor.
Máis adiante, cando teñamos rematada esta fase, xa vos direi o que faremos despois.
Enderezo de interese: Correos de España.
Enderezo de interese: Correos de España.
sábado, 22 de enero de 2011
Visita ao Esteiro do Miño II
![]() |
Pato cincento. J.L. Calleiras |
Na estación ornitolóxica situada na Pasaxe, nos recibiu Agustín Ferreira, membro da Asociación Naturalista “Baixo Miño” ( ANABAM).
Logo, fixemos unha pormenorizada visita a exposición que esta asociación ten na estación ornitolóxica sobre o mundo das aves e fauna da zona.
A continuación, nos deu unhas instruccións e un caderno de campo para actividades e un determinado número de prismáticos para a realización da visita de campo.
Antes da saída nos lembrou varias recomendacións para ter en conta:
- Non tratar de acercarse as aves xa que se espantarían.
- Observar e non facer ruídos para non alterar a zona.
- Que as aves necesitan tranquiidade e repouso para alimentarse ben para o longo recorrido que teñen que emprender dentro de pouco.
Despois, comezou a ruta de campo, que consistiu na observación das aves acuáticas que utilizan a desembocadura do Miño como área de invernada. Patos, garzas, mazaricos, píllaras, fochas, biluricos, ... foron algunhas das aves que poidemos observar e que fomos anotando no caderno.
Finalmente, xogamos a búsqueda e localización de aves nos que os alumnos e as alumnas de 6º B foron os que demostraron ter mellor vista.
Queremos agradecer a Agustín Ferreira as facilidades e atencións recibidas en todo momento, asi como polo excelente traballo desenvolvido nesta actividade
Aquí tedes, diferentes momentos desta saída escolar.
Publish at Calaméo or browse others.
jueves, 13 de enero de 2011
Traballos Nadal 2010
![]() |
Traballos sobre as viaxes polo mundo. |
Quérovos amosar as miñas máis sinceras felicitacións polo excelente traballo realizado en xeral por todos e todas neste proxecto, cun resultado altamente satisfactorio.
Despois da vosa viaxe por moitos paises do mundo, todos e todas aprendimos cousas e curiosidades que non sabiamos. Francia, Inglaterra, Rusia, Perú, Arxelia, Estados Unidos, Holanda, Exipto, Venezuela, Brasil,Canadá…cantas culturas e formas de vivir diferentes !!
Ademais, tamén aprendestes a administrar un pouco os cartos, algo moi importante nos tempos actuais. Incluso a maioría de vós, aforrastes diñeiro !!
Tamén quero amosar a miña satisfacción por saber que, a maioría o pasastes moi ben en compañía dos vosos pais e nais, durante estas vacacións tan especiais, polo entretido que estivestes na procura de información.
Finalmente, dicirvos que as presentacións, en xeral, foron moi boas.
Aquí tedes unha mostra dos vosos traballos.
domingo, 9 de enero de 2011
Tema 6. Los números decimales
Para comenzar esta unidad, aqui teneis un video de introducción a los números decimales.
Al terminar esta unidad deberías de saber:
Las partes de la unidad
Al terminar esta unidad deberías de saber:
- Emplear décimas, centésimas y milésimas para expresar situaciones concretas.
- Reconocer la parte entera y la parte decimal de un número decimal.
- Leer y escribir un número decimal hasta las milésimas.
- Situar un número decimal en la recta numérica.
- Ordenar números decimales.
- Convertir un número decimal en fracción decimal.
- Redondear un número decimal dado.
- Aplicar números decimales para resolver situaciones reales.
Las partes de la unidad
sábado, 8 de enero de 2011
Tema 6. Con ton e son.
- Ler poemas coa entoación adecuada.
- Comprender o sentido global dun poema e responder cuesntións de contido e forma relacionadas co seu comentario.
- Distinguir a rima asonante da consonante.
- Recoñecer a metáfora e a comparación e saber utilizalas.
- O vocabulario aprendido relacionado coa saúde
- Recoñecer os morfemas de xénero, de número e as desinencias.
- Recoñecer e clasificar as formas dos artigos determinados e indeterminados.
- Coñecer as contraccións do artigo e aplícalas correctamente.
- Usar correctamente o punto e as mayúsculas
Recursos:
Aquí tes algunhas actividades desta unidade que podes atopar neste enderezo:
Vocabulario:
- No centro de saúde
- Lexemas e morfemas
Gramática:
- Os artigos
Ortografía
- O punto e as mayúsculas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)