![]() |
Pato cincento. J.L. Calleiras |
Na estación ornitolóxica situada na Pasaxe, nos recibiu Agustín Ferreira, membro da Asociación Naturalista “Baixo Miño” ( ANABAM).
Logo, fixemos unha pormenorizada visita a exposición que esta asociación ten na estación ornitolóxica sobre o mundo das aves e fauna da zona.
A continuación, nos deu unhas instruccións e un caderno de campo para actividades e un determinado número de prismáticos para a realización da visita de campo.
Antes da saída nos lembrou varias recomendacións para ter en conta:
- Non tratar de acercarse as aves xa que se espantarían.
- Observar e non facer ruídos para non alterar a zona.
- Que as aves necesitan tranquiidade e repouso para alimentarse ben para o longo recorrido que teñen que emprender dentro de pouco.
Despois, comezou a ruta de campo, que consistiu na observación das aves acuáticas que utilizan a desembocadura do Miño como área de invernada. Patos, garzas, mazaricos, píllaras, fochas, biluricos, ... foron algunhas das aves que poidemos observar e que fomos anotando no caderno.
Finalmente, xogamos a búsqueda e localización de aves nos que os alumnos e as alumnas de 6º B foron os que demostraron ter mellor vista.
Queremos agradecer a Agustín Ferreira as facilidades e atencións recibidas en todo momento, asi como polo excelente traballo desenvolvido nesta actividade
Aquí tedes, diferentes momentos desta saída escolar.
Publish at Calaméo or browse others.
No hay comentarios:
Publicar un comentario