Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

miércoles, 26 de enero de 2011

Traballo de filatelia.

Selos de España
Como xa coñecedes bastante sobre o mundo dos selos, a filatelia,  imos a comezar co traballo voluntario que imos a facer.
En primeiro lugar, buscamos nos folletos que temos, nesta páxina ou tamén neste enderezo,  os selos emitidos en España no noso mes de nacemento do ano 2000. 
Unha vez que teñamos a lista feita, temos que crear unha carpeta no voso open drive, e lle poñemos o nome de “selos”. Dentro desta carpeta, creamos outra co “Nome” de cada un de vós.
Despois imos a  buscar en Internet, nesta páxina, as imaxes dos selos emitidos no voso mes de nacemento do ano 2000.
As imaxes dos selos, ímolas a ir gardando na carpeta que creamos co noso “Nome”.
Cando teñamos todas as imaxes na carpeta, calculamos en pesetas e en euros o valor facial de todos eles por series no ano 2000 e logo o valor total de todas as series. Para iso, temos un conversor de pesetas a euros e viceversa.
Finalmente, comprobaremos a diferencia que teñen co valor actual en euros, cos precios que teñen nesta tenda de filatelia, é dicir, canto custan máis agora.
Aquí tedes un exemplo dunha serie
Ano 1976. Aduanas
1976 España. Aduanas Serie completa 3 valores: 1 – 3 - 7 ptas. 
Total 11 ptas. = 0,7 € ( valor no ano 1976 )
Valor actual  1,90 € ( valor no ano 2010 )
Diferencia  1,90 - 0,70 = 1,20 €
Se hai máis series, faise o mesmo, logo súmanse todas e finalmente réstanse para saber a diferenza de valor.
Máis adiante, cando teñamos rematada esta fase, xa vos direi o que faremos despois.
Enderezo de interese: Correos de España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario