Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

jueves, 17 de marzo de 2011

Tsunami de Xapón

O terremoto ou tsunami de Xapón deste ano 2011, foi un terremoto de magnitude 8,9 na escala de Richter, que creó ondas de maremoto ou tsunamis de ata 10 m e que causou centos de mortos e desaparecidos.
O terremoto durou aproximadamente 2 minutos segundo os expertos. Dous días antes, xa houbera outro tremor importante, pero de menor magnitude na mesma zona da costa oriental xaponesa.
A magnitude de 8,9, o converteu no terremoto máis potente sufrido en Xapón ata a data, así como o quinto máis potente do mundo de todos os terremotos medidos ata agora.
Aquí tedes unha simulación do tsunami de Xapón.
Horas despois do terremoto e o seu posterior tsunami, o volcán Karangetang nas Illas Celebes (Indonesia) entrou en erupción. a consecuencia do terremoto inicial
O Karangetang comenzou a expulsar polo seu cráter nubes de gas e a lava, que descendeu polas súas ladeiras.
Se premes no enderezo que hai máis abaixo, verás unhas fotos aéreas tomadas no Xapón onde podermos apreciar a magnitude da devastación de centos de suburbios, casas e negocios.
Pasa o rato sobre as fotos e poderás ver a devastación causada polo terremot e o tsunami.
Terremoto en Xapón: antes e despois.

No hay comentarios:

Publicar un comentario