Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

jueves, 10 de marzo de 2011

Visita ao Museo de Pontevedra I

O alumnado de 5º curso  visitamos esta mañá o Museo de Pontevedra. En primeiro lugar, estivemos na Alameda xogando un pouco e “repoñendo forzas”. Logo, fomos dando un paseo pola cidade ata o museo.
Foi un paseo moi relaxante xa que a maior parte é peatonal e tivemos un día magnífico.
Unha vez alí, dividironnos en dous grupos para facer un percorrido polas diferentes salas do Museo: Paleolítico, Neolítico, Idade de Bronce, Cultura Castrexa e Romanización.
Poidemos observar:fíbulas,torques, petróglifos, dolmens,...
Tamén visitamos a aula Castelao e a sala de oficiais do galeote “Numancia” do Contralmirante Méndez Núñez.
De paso que iamos pasando polas diferentes salas, fomos cubrindo unhas fichas que nos entregaran antes de comezar o percorrido.
Aquí tedes varios momentos desta visita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario