Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

viernes, 25 de marzo de 2011

Visita á "Vila Romana de Toralla"

Vista aérea da zona.

O pasado xoves dia 24, os alumnos e as alumnas de 5º curso, fixemos unha visita á Vila Romana de Toralla en Vigo.
Antes de comezar a visita, estivemos repoñendo forzas e relaxándonos un pouco despois da viaxe desde o cole, na praia de O Vao.
Despois desto, en compañía dunha amable monitora, fixemos un percorrido polas diferentes zonas da vila
Este xacemento arqueolóxico localízase na punta de Toralla, pequeno cabo costeiro situado fronte á illa homónima entre as praias de O Vao e Canido. 
O xacemento consiste nunha vila romana, esto é, unha casa de campo con funcións residenciais e produtivas (explotación dos recursos primarios do campo e o mar). A cronoloxía preliminar é de época baixoimperial e tardorromana, ss. III-VI d.C.
Foi un percorrido  que nos permitiu coñecer a Galicia romana de finais do Imperio Romano a través de obxectos da época e interpretando e experimentando as tarefas cotiás realizadas en cada espazo desta magnifica vila romana.
Se estades interesados no tema, neste enderezo hai moita información.
Aquí tedes algunhas fotos desta visita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario