Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

sábado, 26 de febrero de 2011

Visita do escritor Ricardo Alcántara.


Ricardo Alcántara
O pasado 22 de febreiro, viu ao noso colexio o escritor uruguaio Ricardo Alcántara, autor dos libros que desde a biblioteca se recomendaran para as vacacións de Nadal
Tras a sesión ao grupo do 3º ciclo, un grupo de colaboradores da biblioteca, lle fixeron unha entrevista e coas súas  respostas e explicacións poidemos coñecelo un pouco mellor. 

Aquí tedes a entrevista ao escritor.

 Vostede é uruguaio, bota de menos o seu pais despois de tanto tempo en España?
- Afortunadamente non teño morriña. Teño a sorte de que cada ano visito a miña familia en Uruguai
 Por que vive en Barcelona ?
- Porque todos temos unha infancia. A miña foi feliz e agradable co mar. Polo que decidín vivir en Barcelona.
Que lingua utiliza normalmente en Cataluña na súa vida cotiá ?
- O catalán. O castelán moi pouco.
Que é o que máis lle gusta de Galicia?
- A súa natureza. O verde.
Coñece a lingua galega ? Sabe falar  galego ?
- Eu falo portugués, así que o entendo.
Desde cando escribe? 
- Desde hai 35 anos.
Ademáis de escritor, ten outro traballo? 
- Non. Afortunadamente dedícome só a escribir.
Se non fose escritor a que lle gustaría dedicarse?
- Hai !!, sería un problema. Creo que ser rico.
Escribe só para nenos?
- Escribo para xoves.
María e Paula
En quen se inspirou para ser escritor?
- Na vida das persoas, pero básicamente nas persoas.
Que consello lle daría aos nenos e nenas que queiran se escritores?
- Que escriban moito, que observen moito e que presten moita atención.
Todas as súas obras tratan de temas actuais? 
- Si.
Cantos libros publicou ata agora? 
- Cento oitenta e nove libros.
Canto tarda en escribir un libro de contos aproximadamente? 
- Se é moi curto sobre 5 días, un pouco longo 25 días e algúns un mes, 7 meses…
Son reais os protagonistas dos seus contos? 
- Son inventados, pero a raíz de xente que coñezo.
Que tipo de contos lle gusta máis escribir?
- De tipo social. De cousas que lles pasan as persoas.
Por que cada capítulo comeza como remata o anterior? 
- Para enganchar ao lector e para que vexan que non pasa o tempo.
Que libro dos que escribiu vostede lle gusta máis?
- Non teño ningún preferido.
Lle gustaría que fixeran unha película sobre algún libro seu?
- Encantaríame, porque me gusta moito o cine.
Algunha historia de algún libro que escribiu lle pasou de verdade?
- Non, nunca.
Sara e Paula
En que se inspirou ao escribir o libro “Quien quiere a los viejos?
- Nun feito real.
Que quería conseguir con este libro ? 
- Non quería conseguir  nada en especial.
Canto tempo tardou en escribir “Quién quiere a los viejos”?
- Uns oito meses todos os días e moitas horas.
E xa para rematar, quere engadir algo sobre a súa visita ao noso colexio?
- Resultoume curta. Gustariame quedar máis tempo, pero non podo.
Moitas grazas pola súa amabilidade.

As fotos son de Rodrigo Álvarez e Oinaze Rodríguez.  
Máis información no blogue da Biblioteca Escolar do colexio.

miércoles, 23 de febrero de 2011

Maquillaxe

Os alumnos e as alumnas de 5º, como anticipo do Entroido a través da aula de Plástica, se converteron en maquilladores por un dia.
O que se pretendía era,  experimentar con técnicas e materiais novos para desenvolver as posibilidades expresivas propias e  a creación sen límites á imaxinación.
E este foi o resultado. 

viernes, 18 de febrero de 2011

Traballos do 1º trimestre

Aquí tedes todos os traballos que fixestes no primeiro trimestre. Parabéns para todas e todos.

lunes, 14 de febrero de 2011

Tema 8. Historias de comedor



A lectura desta unidade  é unha adaptación da obra "Correo urxente"  de Paula Carballeira.
Milio é un bo cociñeiro. E coñece moitas historias divertidas, historias que lles conta á súa irmá e aos nenos e as nenas. Porque Milio é o cociñeiro dun colexio.
Se o queredes ler, está na biblioteca do colexio. Mirade aquí a súa ficha de rexistro.

Ao rematar esta unidade deberiades de saber:
  • Ler un texto narrativo con fluidez e comprensión.
  • Recoñecer a estrutura dun conto.
  • Dominar e utilizar o vocabulario referido ás comidas.
  • Identificar os sufixos nas palabras e empregalos para crear palabras novas.
  • Coñecer as formas dos determinantes numerais e indefinidos e usalas correctamente.
  • Recoñecer os diferentes usos do guión, partir correctamente as palabras a final de liña e identificar o grupo nh como un dígrafo.
RECURSOS.

Algunhas actividades que che poden axudar a prepar esta unidade e que podes atopar nesta ligazón
Vocabulario:
  • No comedor escolar
  • Sufixos
Gramática:
  • Os numerais e os indefinidos
Ortografía:
  • O guión; palabras con nh

domingo, 13 de febrero de 2011

Tema 8. Tratamiento de la información


Al terminar esta unidad deberías ser capaz de:
  • Responder cuestiones sobre un conjunto de datos colocados en una tabla.
  • Ordenar en una tabla un conjunto de datos que representan una situación.
  • Señalar, a partir de un conjunto de datos dado, la frecuencia y la moda.
  • Calcular la media de un conjunto de datos.
  • Extraer conclusiones sobre una situación representada por medio de un gráfico estadístico concreto.
  • Dibujar un gráfico estadístico (gráfico de barra, pictograma, gráfico de línea, gráfico doble o gráfico circular) a partir de un conjunto de datos dado.

RECURSOS:


sábado, 5 de febrero de 2011

Concerto "El humor en la ópera"

Os alumnos e alumnas do 5º, acompañados nesta ocasión cos de 6º, fixemos unha saída escolar a Vigo dentro das actividades programadas para o presente curso.
En primeiro lugar, demos un paseo pola zona portuaria e o centro comercial A Laxe.
Logo asistimos, no Centro Cultural Novacaixagalicia, ao concerto  El Humor en la ópera, a cargo da Camerata Lírica de España e que  fai unha homenaxe á ópera cómica e ao xenio de Mozart, acercando o xénero que tanto amou ao gran público, mediante a selección de catro das mellores e máis representadas óperas buffas da historia da música; Die Zauberflöte (La Flauta Mágica), Così Fan Tutte (Asì hacen todas), Il Barbiere di Siviglia (El Barbero de Sevilla) y L'Elisir d'Amore (El Elixir del Amor). As dúas primeiras compostas polo propio Mozart e as outras dúas por Rossini y Donizetti dous dos compositores máis importantes do xénero, que siguiron o seu ronsel.
Para elo elexiron os números máis espectaculares de cada obra mostrándoos como o compositor require na súa máis alta calidade musical e vocal pero engadíndolle sorpresas interpretativas que interrelacionen ao espectador co o que está vendo, de forma que comprenda en cada momento a idea do compositor. El Humor en la ópera,  convértese nunha representación moi áxil, amena e divertida, á vez que ortodoxa nas formas clásicas da ópera que nunca se deben abandonar.
Para a maioría de nós, foi o primeiro contacto coa ópera e, en xeral, a experiencia foi positiva.
Se queredes lembrar algúns momentos desta obra, no blogue da biblioteca, tedes a súa actuación no Auditorio de Ourense pasado mes de xaneiro.
Por último, dicir que foi unha xornada moi completa e enriquecedora.



miércoles, 2 de febrero de 2011

Tema 7. Quen cho contou ?

Ao rematar esta unidade deberías saber:
  • Ler un texto narrativo con fluidez e de forma comprensiva.
  • Identificar as voces narrativas dun relato.
  • Dominar e utilizar o vocabulario relacionado co exercicio físico.
  • Identificar os prefixos nas palabras e utilizalos para crear outras novas.
  • Coñecer as formas dos determinantes demostrativos e posesivos e empregalas correctamente.
  • Coñecer e utilizar con corrección as normas do uso da coma e do punto e coma.
RECURSOS
Aquí tes algunhas actividades desta unidade que podes atopar neste enderezo
Vocabulario:
  • No ximnasio.
  • Prefixos.
Gramática:
  • Os demostrativos e os posesivos
Ortografía:
  • A coma e o punto e coma

martes, 1 de febrero de 2011

Tema 7. Operaciones con números decimales

Al terminar esta unidad deberías de saber:

  • Calcular la suma de varios números decimales dados.
  • Realizar la resta de dos números decimales dados.
  • Efectuar el producto de un número decimal por un número natural.
  • Calcular el resultado de multiplicar un número decimal por 10, 100 ó 1.000.
  • Efectuar divisiones de un número decimal entre 10, 100 ó 1.000.
  • Hallar el cociente decimal en la división de dos números dados.
  • Calcular la división de un número decimal entre un número natural.
  • Aplicar las operaciones con números decimales para solucionar problemas.

RECURSOS