Os alumnos e alumnas do 5º, acompañados nesta ocasión cos de 6º, fixemos unha saída escolar a Vigo dentro das actividades programadas para o presente curso.
En primeiro lugar, demos un paseo pola zona portuaria e o centro comercial A Laxe.
Logo asistimos, no Centro Cultural Novacaixagalicia, ao concerto El Humor en la ópera, a cargo da Camerata Lírica de España e que fai unha homenaxe á ópera cómica e ao xenio de Mozart, acercando o xénero que tanto amou ao gran público, mediante a selección de catro das mellores e máis representadas óperas buffas da historia da música; Die Zauberflöte (La Flauta Mágica ), Così Fan Tutte (Asì hacen todas), Il Barbiere di Siviglia (El Barbero de Sevilla) y L'Elisir d'Amore (El Elixir del Amor). As dúas primeiras compostas polo propio Mozart e as outras dúas por Rossini y Donizetti dous dos compositores máis importantes do xénero, que siguiron o seu ronsel.
Para elo elexiron os números máis espectaculares de cada obra mostrándoos como o compositor require na súa máis alta calidade musical e vocal pero engadíndolle sorpresas interpretativas que interrelacionen ao espectador co o que está vendo, de forma que comprenda en cada momento a idea do compositor. El Humor en la ópera, convértese nunha representación moi áxil, amena e divertida, á vez que ortodoxa nas formas clásicas da ópera que nunca se deben abandonar.
Para a maioría de nós, foi o primeiro contacto coa ópera e, en xeral, a experiencia foi positiva.
Se queredes lembrar algúns momentos desta obra, no blogue da biblioteca, tedes a súa actuación no Auditorio de Ourense pasado mes de xaneiro.
Por último, dicir que foi unha xornada moi completa e enriquecedora.
Por último, dicir que foi unha xornada moi completa e enriquecedora.
No hay comentarios:
Publicar un comentario