![]() |
Ricardo Alcántara |
O pasado 22 de febreiro, viu ao noso colexio o escritor uruguaio Ricardo Alcántara, autor dos libros que desde a biblioteca se recomendaran para as vacacións de Nadal
Tras a sesión ao grupo do 3º ciclo, un grupo de colaboradores da biblioteca, lle fixeron unha entrevista e coas súas respostas e explicacións poidemos coñecelo un pouco mellor.
Aquí tedes a entrevista ao escritor.
- Afortunadamente non teño morriña. Teño a sorte de que cada ano visito a miña familia en Uruguai
Por que vive en Barcelona ?
- Porque todos temos unha infancia. A miña foi feliz e agradable co mar. Polo que decidín vivir en Barcelona.
Que lingua utiliza normalmente en Cataluña na súa vida cotiá ?
- O catalán. O castelán moi pouco.
Que é o que máis lle gusta de Galicia?
- A súa natureza. O verde.
Coñece a lingua galega ? Sabe falar galego ?
- Eu falo portugués, así que o entendo.
Desde cando escribe?
- Desde hai 35 anos.
Ademáis de escritor, ten outro traballo?
- Non. Afortunadamente dedícome só a escribir.
Se non fose escritor a que lle gustaría dedicarse?
- Hai !!, sería un problema. Creo que ser rico.
Escribe só para nenos?
- Escribo para xoves.
![]() |
María e Paula |
En quen se inspirou para ser escritor?
- Na vida das persoas, pero básicamente nas persoas.
Que consello lle daría aos nenos e nenas que queiran se escritores?
- Que escriban moito, que observen moito e que presten moita atención.
Todas as súas obras tratan de temas actuais?
- Si.
Cantos libros publicou ata agora?
- Cento oitenta e nove libros.
Canto tarda en escribir un libro de contos aproximadamente?
- Se é moi curto sobre 5 días, un pouco longo 25 días e algúns un mes, 7 meses…
Son reais os protagonistas dos seus contos?
- Son inventados, pero a raíz de xente que coñezo.
Que tipo de contos lle gusta máis escribir?
- De tipo social. De cousas que lles pasan as persoas.
Por que cada capítulo comeza como remata o anterior?
- Para enganchar ao lector e para que vexan que non pasa o tempo.
Que libro dos que escribiu vostede lle gusta máis?
- Non teño ningún preferido.
Lle gustaría que fixeran unha película sobre algún libro seu?
- Encantaríame, porque me gusta moito o cine.
Algunha historia de algún libro que escribiu lle pasou de verdade?
- Non, nunca.
![]() |
Sara e Paula |
En que se inspirou ao escribir o libro “Quien quiere a los viejos?
- Nun feito real.
Que quería conseguir con este libro ?
- Non quería conseguir nada en especial.
Canto tempo tardou en escribir “Quién quiere a los viejos”?
- Uns oito meses todos os días e moitas horas.
E xa para rematar, quere engadir algo sobre a súa visita ao noso colexio?
- Resultoume curta. Gustariame quedar máis tempo, pero non podo.
Moitas grazas pola súa amabilidade.
As fotos son de Rodrigo Álvarez e Oinaze Rodríguez.
Máis información no blogue da Biblioteca Escolar do colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario