A lectura desta unidade é unha adaptación da obra "Correo urxente" de Paula Carballeira.
Milio é un bo cociñeiro. E coñece moitas historias divertidas, historias que lles conta á súa irmá e aos nenos e as nenas. Porque Milio é o cociñeiro dun colexio.
Se o queredes ler, está na biblioteca do colexio. Mirade aquí a súa ficha de rexistro.
Ao rematar esta unidade deberiades de saber:
- Ler un texto narrativo con fluidez e comprensión.
- Recoñecer a estrutura dun conto.
- Dominar e utilizar o vocabulario referido ás comidas.
- Identificar os sufixos nas palabras e empregalos para crear palabras novas.
- Coñecer as formas dos determinantes numerais e indefinidos e usalas correctamente.
- Recoñecer os diferentes usos do guión, partir correctamente as palabras a final de liña e identificar o grupo nh como un dígrafo.
Algunhas actividades que che poden axudar a prepar esta unidade e que podes atopar nesta ligazón
Vocabulario:
- No comedor escolar
- Sufixos
- Os numerais e os indefinidos
- O guión; palabras con nh
No hay comentarios:
Publicar un comentario