Este blogue está pensado para axudar aos alumnos e as alumnas de quinto de Primaria do noso Centro a traballar diferentes temas do Curso, e como unha nova experiencia educativa.

Non están pensados como deberes, senón tratan de achegar aos alumnos e alumnas os contidos do currículo dunha forma lúdica e amena.

A distribución dos contidos segue a presentacion dos textos das editoriais que traballamos no Ciclo, é dicir, Anaya e S.M.

Aparte dos temas do curso, tamén iremos poñendo outros interesantes recursos, que pola súa importancia así o merezan, así como outras actividades que se fagan durante o curso.


.

miércoles, 2 de febrero de 2011

Tema 7. Quen cho contou ?

Ao rematar esta unidade deberías saber:
  • Ler un texto narrativo con fluidez e de forma comprensiva.
  • Identificar as voces narrativas dun relato.
  • Dominar e utilizar o vocabulario relacionado co exercicio físico.
  • Identificar os prefixos nas palabras e utilizalos para crear outras novas.
  • Coñecer as formas dos determinantes demostrativos e posesivos e empregalas correctamente.
  • Coñecer e utilizar con corrección as normas do uso da coma e do punto e coma.
RECURSOS
Aquí tes algunhas actividades desta unidade que podes atopar neste enderezo
Vocabulario:
  • No ximnasio.
  • Prefixos.
Gramática:
  • Os demostrativos e os posesivos
Ortografía:
  • A coma e o punto e coma

No hay comentarios:

Publicar un comentario